Dende a concentración do pasado día 08/03/13 estamos a recoller firmas para que o tren se constrúa pola alternativa norte, e non pola alternativa sur, xa que o perxuizo que vai causar esta nova infraestructura na ría de Ferrol vai ser crítico, ou sexa, que non haberá forma de paliar, ou reducir os efectos unha vez construído. A nosa intención é entregar todas as sinaturas que poidamos recoller no ministerio de fomento deixando así patente que a cidadanía de Ferrolterra, quere que o tren se constrúa pola alternativa norte, e non por riba da ría.
Neste enlace podedes descargarvos a folla para a recollida de sintaruas: https://docs.google.com/file/d/0B7ibz-MlgldRbUFDTzV5UmZCYlk/edit?usp=sharing
Cando a folla esté chea de sinaturas podedes deixalas no ambigú da AAVV da Cabana, ou tamén no-las podedes facer chegar en calquera dos actos que organizemos, e se non conseguides facérnola chegar poñédevos en contacto con nos
Tamén deixamos aquí os enlaces de descarga de dous modelos de cartaces que elaboramos para difundir a recollida de firmas. Un dos modelos vai en negro e outro en verde, imprimide o que máis vos guste, ou as dúas versións se vos parecen igual de boas. Van os dou en tamaño A4 de A3.
É interesante ir deixando en locais de confianza estas follas de firmas para darlle maior difusión e se vai acompañada dos cartaces mellor que mellor. Tamén sería interesante que lle mandárades este correo a todos os voso contactos para darlle a maior difusión posible.
CARTACES
SALVEMOS A MALTA (hoxe, onte e mañán)
Negro A4: https://docs.google.com/file/d/0B7ibz-MlgldRNzhxS09sZ3VGT2s/edit?usp=sharing
Negro A3: https://docs.google.com/file/d/0B7ibz-MlgldRdEZQM2J2eVdDOTg/edit?usp=sharing
Verde A4: https://docs.google.com/file/d/0B7ibz-MlgldRN1JnSlFKaXYwaWs/edit?usp=sharing
Verde A3: https://docs.google.com/file/d/0B7ibz-MlgldRc3QtSUN5M1FyWUU/edit?usp=sharing
¡Ánimo compañeros! Contais con todo mi apoyo desde Barcelona.
ResponderEliminarHe puesto un enlace en mi blog: http://naucher.blogspot.com.es/2013/03/salvemos-malata.html
ResponderEliminar