O colectivo social que se opón ao trazado do tren ao porto exterior de Ferrol presentou alegacións ao proxecto informativo no ano 2010. Estas alegacións foron asinadas por unha trintena de entidades sociais de Ferrol (e duas persoas afectadas particulares) conformando un ampla fronte integrada por entidades de moi diversos ámbitos, dende asociacións de viciños ate un centro de investigación da USC, pasando por asociacións recreativas, deportivas, cofradías, etc.
Nestas alegacións recóllense todas as correccións, que a criterio destas entidades, se deben realizar para que este proxecto non supoña a morte da enseada da Malata.
A día de hoxe, non foron contestadas.
As alegacións ao proxecto poden consultarse aquí: https://docs.google.com/file/d/0B7ibz-MlgldRQzRvMjZnQzk5dnc/edit?usp=sharing
No hay comentarios:
Publicar un comentario