Video

Video en Galego Video en Castellano Video in English

jueves, 14 de marzo de 2013

Montóns do dique número 3 de Bazán

Estas fotos foron tiradas o pasado día 2 na enseada da Malata, nas inmediacións do CIS, aprobeitando a marea baixa. Pódense observar os montón de escombros procedentes das obras de construcción do dique número 3 de Bazán (agora Navantia) depositados alí a finais dos anos 60. Como se pode ver nas fotografías, o fango foise acumulando sobre estes montóns e ao seu redor e actualmente están completamente cubertos por fango. Este é un dos numerosos recheos que sufriu a enseada, e aínda que neste caso o recheo non tivo como resultado a desaparición de terreos mariños si que axudou á perda de calado e á colmatación da zona.

Os montóns
De cerca

Panorámica

No hay comentarios:

Publicar un comentario